Thomson
Thomson
Empresa electrónica francesa constituída entre 1966-1968 pola fusión de diversas sociedades industriais, como a Compagnie Française Thomson-Houston (creada en 1893), Hotchkiss-Brandt, Compagnie Générale de Télégraphie Sans Fil-CSF e Claret. En 1972 absorbeu a Continental Ericsson. As súas actividades esténdense ás telecomunicacións, aos electrodomésticos, á electromedicina, á enxeñaría e á iluminación eléctrica. En España ten a filial Thomson CGR España.