Thomson, John
Thomson, John
Fotógrafo escocés. Pioneiro da fotografía social, foi un apaixonado da xeografía. Viaxou a Malaisia, Ceilán, Hong-Kong e China, e comezou a facer fotografías (1862) de tipos humanos. Membro da Royal Geographic Society (1866), acadou sona co libro Street Life in London (1877), onde denunciou a miseria dos traballadores a través das súas imaxes e dos textos de A. Smith. Pioneiro do retrato en vivo, abriu un estudo en Londres (1879), en que retratou as personalidades da época nas súas casas. Publicou The Antiquities of Camboya (1867) e Illustrations of China an Ist People (1873).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Edimburgo -
Deceso
Lugar : Londres