Tiepolo, Giambattista
Tiepolo, Giambattista
Pintor. Discípulo de Gregorio Lazzarini, traballou (1751-1753) en Würzburg e para Carlos III, que lle encomendou a decoración do Palacio Real de Madrid e varios cadros (entre 1762 e 1764). Sobresaíu nas decoracións murais e de teitos, onde utilizou normalmente o trompe-l’oeil. Nas súas obras seguiu a tradición colorista veneciana, aínda que aclarando as cores. Decorou tamén o Palazzo Ducale de Venecia.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Venecia -
Deceso
Lugar : Madrid