Tierno Galván, Enrique
Político, sociólogo e xurista. Alcalde de Madrid (1979-1986) e catedrático de dereito político, foi expulsado (1965) da universidade pola súa oposición ao franquismo, polo que entre 1966 e 1967 exerceu en Princeton. En 1968 fundou o Partido Socialista del Interior que, xunto co Partido Comunista Español e o Partido Carlista, formaron a Junta Democrática de España. Resposto na súa cátedra desde 1975, foi deputado polo PSP (1977) e acabou integrando o seu partido no PSOE, do que foi elixido presidente honorario (1978). Autor do preámbulo da Constitución Española de 1978, publicou Sociología y situación (1954), Humanismo y sociedad (1964), Leyes políticas españolas fundamentales: 1808-1936 (1975), Democracia, socialismo y libertad (1977) e as súas memorias, Cabos sueltos (1981).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Madrid -
Deceso