Tikhon
Tikhon
Relixioso. De nome Vasilij Ivanovič Belavin, foi patriarca de Moscova (1917-1925), bispo de Lublin (1897), de Jaroslavl’ (1907) e de Vilnius (1914). Metropolita de Moscova (1917), recuperou a dignidade patrialcal que lle fora abolida en 1721 por Pedro I de Rusia. En 1918 impuxo a neutralidade do clero na guerra civil entre os vermellos e os brancos e, asinado un acordo co goberno soviético en 1923, gozou dunha certa liberdade, feito que permitiu o retorno de moitos bispos e sacerdotes disidentes.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Klin, Toropec -
Deceso
Lugar : Moscova