Tinos

Tinos

Illa das Cícladas, Grecia, situada no Mar Exeo, entre Andros e Míkonos (193 km2). En boa parte montañosa, os principais cultivos son a viña e as oliveiras. A capital, Tinos, está na costa meridional. Na Antigüidade formou parte da Liga de Delos. En poder dos venecianos desde 1204, foi tomada polos turcos en 1718 e conquistada polos gregos en 1830.