tínxido -da

tínxido -da
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos tínxidos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da familia dos tínxidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Familia de insectos, da orde dos heterópteros, que comprende individuos de corpo aplanado, co protórax e os hemélitros provistos de expansións vistosas e coa cabeza sen ocelos. Son fitófagos e habitan no anverso das follas das árbores froiteiras nas zonas cálidas e temperadas.