Tío Pepe, O

Tío Pepe, O
[PUBLIC]

Quincenario publicado na Fonsagrada a partir de 1913 que cesou o 26 de novembro dese ano (nº20). De ideoloxía agrarista e integramente en galego, incluíu artigos sobre temas xerais, política e novas locais, ademais de colaboracións literarias, sobre todo contos con intención didáctica, sociolóxica ou ideolóxica, cun claro compromiso en defensa da lingua.