Tirinto
Tirinto
Cidade grega da época micénica, situada na chaira da Argólida, no S de Argos. Habitada desde o terceiro milenio a C, foi unha das cidades estado máis importantes do segundo milenio. Consérvase a acrópole, sobre un pequeno outeiro. Destacan o recinto fortificado, con murallas de técnica ciclópea, edificada cara ao 1400 a C e refeitas cara o 1200 a C, e o mégaron ou palacio real.