Tirpitz, Alfred von
Tirpitz, Alfred von
Almirante e político alemán. En 1865 ingresou na mariña, onde destacou polas súas dotes de organizador. Foi xefe do Estado Maior (1892-1896), ministro de Mariña (1897-1916) e grande almirante (1911). En 1916, ao non aprobar o goberno os seus proxectos de utilizar a fondo a potencia naval e intensificar a loita submarina, dimitiu. Como líder nacionalista foi deputado no Richstag (1924-1928).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Küstrin, Brandenburgo -
Deceso
Lugar : Ebenhausen, Baviera