Tischbein

Tischbein

Familia de pintores alemáns do s XVIII. Johann Heirinch Tischbein o Vello (Haina 1722-Kassel 1789) foi pintor da corte de Kassel con Guillerme VIII e destacou como retratista. O seu sobriño Johann Friedrich August Tischbein (Maastrich 1750-Heidelberg 1812), tamén retratista, viaxou a París e a Roma e coincidiu con J. L. David e A. R. Mengs. O seu curmán Johann Heinrich Wilhelm Tischbein o Novo (Haina 1751-Eutin 1829) foi discípulo de Winckelmann en Italia e director da Academia de Pintura de Nápoles. Pintou cadros de temas históricos, paisaxes e retratos.