titán

titán

(< lat Titan < grΤιτάν)

  1. s m [MIT]

    Cada un dos seis fillos homes de Urano e Xea: Oceáno, Ceo, Crios, Hiperión, Xapeto e Cronos. Uníronse en matrimonio coas súas irmás, as Titánides, coas que crearon unha serie de divindades secundarias (entre elas Prometeo). De Cronos, o máis novo, saíu a liñaxe dos Olímpicos.

  2. s m

    Persoa dunha gran potencia física e intelectual.

  3. s m

    Guindastre que se emprega para levantar grandes pesos.

Palabras veciñas

Tisza, Kálmán | titac | Titāgarth | titán | Titán | Titan | titanato