Titán

Titán
[ASTRON]

Sexto satélite de Saturno descuberto por C. Huygens o día 21 de marzo de 1665. É o máis grande e brillante dos seus satélites. A súa distancia media ao centro de Saturno é de 1.221.830 km e a súa órbita ten unha excentricidade de 0,0292 e unha inclinación respecto do ecuador de Saturno de 18’. Ten un período de revolución sideral de 15 días, 22 h, 41’ e 24,7’’; un diámetro de 5.150 km e a súa masa da orde de 1,401×1023 g. Demostrouse nel a existencia dunha atmosfera apreciable, descuberta por G. P. Kuiper, que é máis densa ca a da Terra, cunha presión a nivel da superficie de 1.500 milibares, unha temperatura de 96K e cuxo compoñente máis abundante é o nitróxeno.

Palabras veciñas

titac | Titāgarth | titán | Titán | Titan | titanato | Titania