tiv
tiv
-
adx
Relativo ou pertencente aos tivs.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo tiv.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo de raza melanoafricana que ocupa case todo o val do río Benue na rexión sudanesa (África Occidental). A súa subsistencia xira arredor do cultivo rotativo de pataca doce, millo, soia e outros cultivos tropicais, e a organización social baséase no parentesco patrilineal. A penetración do Islam e do cristianismo foi importante, aínda que subsisten crenzas e prácticas animistas tradicionais.