tiv

tiv
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos tivs.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo tiv.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo de raza melanoafricana que ocupa case todo o val do río Benue na rexión sudanesa (África Occidental). A súa subsistencia xira arredor do cultivo rotativo de pataca doce, millo, soia e outros cultivos tropicais, e a organización social baséase no parentesco patrilineal. A penetración do Islam e do cristianismo foi importante, aínda que subsisten crenzas e prácticas animistas tradicionais.

Palabras veciñas

titulatura | titulización | título | tiv | Tivissa | Tivoli | tixela