Toba Muíño, Eduardo
Toba Muíño, Eduardo
Médico e deportista. Foi campión de España de triplo salto (1946) e adestrador de fútbol, entre outros equipos, do R. C. Deportivo de La Coruña, e seleccionador nacional de Costa Rica, coa que se proclamou campión de Centroamérica. Foi director da Escuela Nacional de Entrenadores de Fútbol e presidente do Colegio Nacional de Entrenadores. Especialista en medicina deportiva, publicou Consejos para el entrenador de fútbol (1998).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Muxía -
Deceso
Lugar : A Coruña