Toledo

Toledo

Cidade do estado de Ohio, EE UU (313.619 h [2000]). Posúe un porto na desembocadura do Maumee, no extremo occidental do lago Eire, con industrias siderúrxicas e metalúrxicas, construcións navais, aeronaúticas, de automóbiles e eléctricas.