Toledo, Juan Bautista de

Toledo, Juan Bautista de

Arquitecto renacentista. Estudou en Roma, onde traballou no Castel San’t Angelo con A. da Sangallo o Novo e en San Pedro do Vaticano, xunto a Miguel Anxo (1546-1548). En Nápoles participou na fortificación do Castelnuovo e do Bosco de Sant Arcangelo. Empregou formas clásicas e sobriedade decorativa. Nomeado arquitecto real en 1559, encargouse das obras do Palacio de Aranjuez, do Monasterio de los Jerónimos, o Monasterio de las Descalzas Reales e o Alcázar, en Madrid. Ademais, Filipe II encargoulle a construción do Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial, do que fixo os planos e edificou a fachada sur e o Patio de los Evangelistas. Á súa morte, Juan de Herrera sucedeuno ao fronte das obras que deixara sen rematar.

Cronoloxía

  • Nacemento

  • Deceso

    Lugar : Madrid