Toledo, Taifa de
Toledo, Taifa de
Reino independente xurdido en Al-Andalus no s XI, despois do desmembramento do Califato de Córdoba (1017-1023). Ata 1036, o seu goberno foi exercido por Ya‘ĩš ibn Mu ḥ ammad ibn Ya‘īš e posteriormente pasou a mans da familia dos Banū ḏ ī-l-Nūn. Con Ya ḥ yà ibn Ismā’īl al-Ma‘mūn (1043-1075) alcanzou o máximo esplendor, coa anexión da Taifa de València (1065), a conquista de Córdoba (1074) aos abbaditas de Sevilla e a garantía da neutralidade cristiá nos asuntos da Taifa. O seu neto e sucesor, Ya ḥ yà ibn Ismā’īl ibn Ya ḥ yà al-Qādir (1075-1085), non puido manter os dominios. A pesar do intento de manter a independencia por parte do pobo, a capital e unha boa parte da Taifa foron anexionadas a Castela en 1085.