tolo -la

tolo -la
  1. adx e s

    Que ou quen perdeu a razón ou ten perturbadas as súas facultades mentais.

  2. adx e s

    Que ou quen se comporta con pouco xuízo ou irreflexivamente.

  3. adx

    Que padece un estado de excitación que lle impide controlarse.

  4. adx

    Que sente moito cariño ou entusiasmo por algo ou por alguén.

Refráns

  • A un louco, outro.
  • A un tolo, outro.
  • Anque sexa tolo o falador,. sexa cordo o escoitadoro
  • Ás veces o tolo fala cordo.
  • Cada louco coa súa teima e cada chaga coa súa postema.
  • Cada louco coa súa teima.
  • Cada tolo coa súa teima.
  • Canto máis ao tolo dan,.roáis tolo o fan.
  • Do tolo e do vento arrédate.
  • É cousa de tolos non ter xuício.
  • Inda que louco, non de todo.
  • Non hai tolo sen idea.
  • Non se vira tolo quen é parvo.
  • Non tolea o que non pode.
  • Nunca faltou tolo para tola nin testo para ola.
  • O louco e o ar, deixádeos pasar.
  • O louco pola pena é cordo.
  • O que de mozo non tolea, de vello perde a cabeza.
  • O que é tolo é do miolo.
  • O que non tolea de mozo tolea de vello.
  • O tolo ao monte e o cordo ao muíño.
  • O tolo e o aire, deixádeos que pasen.
  • O tolo pola pena é cordo.
  • Onde o tolo se perdeu o cordo aviso colleu.
  • Un tolo fai moitos.
  • Un tolo fai un cento.

Palabras veciñas

tolmeiro -ra | Tolna | Tolnai, Lajos | tolo -la | Tolosa | Tolosa | Tolosa, Reino de