tonalidade

tonalidade

(< ton)

  1. s f [MÚS]

    Organización xerárquica dos sons con relación a unha nota de referencia como punto de atracción de todos os sons utilizados. A súa orixe está a partir de 1600 e a súa presenza foi viva ata finais do s XIX.

  2. s f

    Relación de tons nunha pintura.

  3. s f [LING]

    Altura relativa dunha vogal cuxa altura musical, determinada pola serie de sons sucesivos que compoñen unha palabra, unha frase ou un discurso, se chama entoación.

Palabras veciñas

Tona | tonadilla* | tonal | tonalidade | tonalita | Tonatiuh | Tondabayashi