Tonnelier de Bréteuil, Gabrielle Émilie Le

Tonnelier de Bréteuil, Gabrielle Émilie Le

Erudita. Coñecida como a marquesa de Châtelet, está considerada como unha das mulleres máis destacadas das ciencias do s XVIII. Naceu no seo dunha familia nobre e desde pequena relacionouse con personaxes eminentes da intelectualidade francesa. En 1725 casou co marqués de Châtelet, con quen tivo tres fillos. Mantivo unha longa relación sentimental con Voltaire, algo que se reflectiu no pensamento do sabio. Impulsou os intereses da ciencia, especialmente a difusión das ideas de Newton en Francia. En 1734 participou na elaboración dos Elements de la philosophie de Newton, publicados por Voltaire en 1738. En 1737 comezou a escribir as Institutions de Physique, un novo tratado sobre esa materia destinado a substituír outro, de 1671, que ignoraba a física newtoniana. O traballo de maior esforzo e que máis contribuíu á súa gloria foi a tradución ao francés da obra de Newton Philosophiae naturales principia Matematica, que comezou en 1744 e rematou pouco antes da súa morte. É a única tradución francesa dos principios de Newton.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : París

  • Deceso