Toralla, illa de
Toralla, illa de
Illa da beira meridional da ría de Vigo situada fronte á praia de Canido, no litoral da parroquia de Coruxo, concello de Vigo. É unha illa de costas areosas e baixas e está unida á costa por unha ponte de 200 m de lonxitude. O seu acceso está limitado porque é propiedade privada. Na zona media da illa descubriuse, en 1913, unha necrópole romana (ss I-IV) con restos de sepulturas trapezoidais superpostas que posuían cerámicas, fíbulas e un estilete de bronce, e indicaban a súa cronoloxía romana ou tardorromana. Na mesma data, pero no extremo SO da illa, atopouse un castro prerromano (ss IV a C) que foi escavado por Álvarez Blázquez (1970) e Hidalgo Curraño (1990).