tornar

tornar

(

  1. v t

    Facer que algo ou alguén cambie a súa dirección ou que marche de onde está.

    Ex: O avó ía tornar as vacas do prado.

  2. v t

    Facer que algo ou alguén sufra algún tipo de cambio ou transformación.

    Ex: A música tornou o seu ánimo.

  3. v t

    Modificar o estado, a natureza ou a calidade de algo para que pase a ser outra cousa distinta do que era.

    Ex: Xesús tornou a auga en viño.

  4. v i

    Regresar ao lugar de partida.

    Ex: Tornou á súa vila despois de seis anos fóra.

  5. v i e pron

    Sufrir algo ou alguén a alteración ou a transformación dalgunha das súas calidades, da súa natureza ou do seu estado, nalgún caso coa súa total conversión noutra cousa distinta.

    Ex: Cando o viu tornou serio. Os seus ollos tornáronse fríos.

  6. v pron

    Transformarse algo noutra cousa distinta.

    Ex: A amizade tornouse odio.

Palabras veciñas

tornado | tornadoiro | tornafogo | tornar | tornarratos | tornasol | tornaventos
Conxugar
VERBO tornar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
torno
tornas
torna
tornamos
tornades
tornan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tornaba
tornabas
tornaba
tornabamos
tornabades
tornaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tornei
tornaches
tornou
tornamos
tornastes
tornaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tornara
tornaras
tornara
tornaramos
tornarades
tornaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tornarei
tornarás
tornará
tornaremos
tornaredes
tornarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tornaría
tornarías
tornaría
tornariamos
tornariades
tornarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
torne
tornes
torne
tornemos
tornedes
tornen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tornase
tornases
tornase
tornasemos
tornasedes
tornasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tornar
tornares
tornar
tornarmos
tornardes
tornaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
torna
-
-
tornade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tornar
tornares
tornar
tornarmos
tornardes
tornaren
Xerundio tornando
Participio tornado
tornada
tornados
tornadas