Torre, pazo da
Torre, pazo da
Construción situada en Vide de Miño (Castrelo de Miño). Está formada por dous corpos con dúas alturas que forman unha planta semellante a un L e que se abren a un patio pechado por un muro. Unha solaina de madeira une as dúas ás. Conserva un escudo de armas que alude aos Sousas, Puga, Feijoo e Araújo.