Torreón
Torreón
Cidade do estado de Coahuila, México (529.512 h [2000]). Situado preto dos ríos Nazas e Aguanaval, no altiplano setentrional, forma unha conurbación coas cidades de Gómez Palacio e Lerdo. É o centro dunha comarca agrícola e mineira.