Torres del Río

Torres del Río

Municipio de Nafarroa, situado no Camiño Francés de Peregrinación a Santiago, entre Los Arcos e Viana (172 h [2001]). Do seu patrimonio arquitectónico destaca a capela románica do Santo Sepulcro, de planta octogonal cuberta por unha bóveda de cruzaría de estilo mudéxar.