Tortosa
Tortosa
Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya (28.933 [2001]). Na agricultura destacan os cultivos de oliveiras, amendoeiras e arroz. É importante a avicultura, que se converteu nunha actividade económica de primeira orde. Tamén posúe industria alimentaria, metalúrxica, téxtil, de madeira, química, de materiais de construción e de confección.