Toulouse-Lautrec, Henri Marie de

Toulouse-Lautrec, Henri Marie de

Pintor e litógrafo francés. Eivado e anano debido a dous accidentes, as súas primeiras obras foron de tema militar e hípico. Foi a París e entrou no taller de Bonnat, e en 1885 instalouse en Montmatre. Recibiu a influencia de E. Degas na temática e no enfoque fotográfico das escenas. Retratou personaxes dentro do ambiente dos cafés, music-halls, teatros e prostíbulos que frecuentaba, como Jeanne Avril che dance (1892), Salon de la rue des Moulins (1894) ou La clownesse Cha U Kao (1895). Pintaba sobre tea ou cartón, con cores disoltas en esencia, e conseguía así unha grande espontaneidade no trazado, mediante o que quería expresar o movemento. Fixo numerosos carteis (La Goluda, 1891), para os cabarés parisienses, baixo a influencia da estampa xaponesa, que lle permitía desenvolver o seu estilo sintético e o arabesco lineal. Cultivou tamén o pastel e a ilustración en revistas humorísticas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Albí

  • Deceso

    Lugar : Malromé