tourón
(
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero carnívoro de entre 29 e 46 cm de lonxitude e unha cola de ata 14 cm, e os machos de maior tamaño e peso ca as femias. Teñen o corpo alongado e flexible, coa pelaxe dorsal parda ennegrecida, flancos máis claros e o ventre totalmente negro; a cabeza é pequena e ancha, de coloración clara cun debuxo escuro amodo de anteface. Ten unha forma característica de camiñar, xa que levanta o lombo formando unha especie de xiba. Existe unha forma domesticada de tourón, que se coñece comunmente co nome de furón. Unha maneira de saber da presenza do tourón é polas pegadas e os excrementos; as primeiras son marcas que reflicten os 4 ou 5 dedos coas unllas, e cando hai neve pode apreciarse ata a pegada da cola; os excrementos son longos, escuros, retorcidos e rematados en punta. É de costumes nocturnas e aliméntase de coellos, ratos, ratas, lagartos, ras, peixes, insectos, aves e ovos das mesmas (aos que lle zuga o seu contido), mel e froitos. Vive en zonas boscosas ou pradaría, sempre preto da auga e ás veces chega a instalarse en construcións humanas abandonadas. Aínda que sabe cavar ben, moitas veces ocupa as madrigueiras que foron escavadas e abandonadas por outros animais. Entre os seus inimigos están as aves rapaces, as grandes cobras e carnívoros máis grandes. Na natureza, tamén se poden atopar individuos híbridos entre os touróns salvaxes e os furóns asilvestrados. Distribúese desde o N de África ata os Urais, polo que está presente en case toda Europa e en toda a Península Ibérica.
-
s
m
[ANIMAL]
teixugo.