Tovar Bobillo, Antón

Tovar Bobillo, Antón

Escritor. Pertencente á Promoción de Enlace, ingresou no corpo de funcionarios de Facenda. Trasladado a Ourense, participou nos círculos literarios de Vicente Risco, malia as súas diferenzas ideolóxicas. Expulsado como funcionario polo seu ingreso no PCE, en 1973 participou na homenaxe a León Felipe en México. A súa obra está marcada polo pesimismo, o sentimento poético sincero e auténtico, o existencialismo, o intimismo e a preocupación social, ademais da fallida busca de Deus. Publicou en castelán El tren y las cosas (1960, Premio Marina de Poesía 1959), El ladrido (1961), La Lanzada (versos hacia el mar) (1964) e La barca (1974). Da súa produción en galego cómpre salientar os poemarios Arredores (1962), que representa o testemuño dunha desesperada conciencia de soidade e do que parten as súas dúbidas existenciais: Non (1967), Poesía galega completa (1974), Calados esconxuros (1980), Berros en voz baixa (1990) e A nada destemida (1991); e en prosa o libro de relatos A grande ilusión e outros contos (1989). Académico de honra da RAG desde 1997, recibiu o Premio da Crítica Galicia (1981) e o Premio Celanova Casa dos Poetas (2003).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pereira, Rairiz de Veiga

  • Deceso

    Lugar : Ourense