transparencia

transparencia

(

  1. s f

    Calidade de transparente.

  2. s f [IMAX]

    diapositiva.

  3. s f [IMAX]

    Procedemento técnico que permite rodar escenas de exteriores nun estudo cinematográfico, e que consiste en situar os actores entre unha pantalla especial, sobre a que se proxecta o escenario real, e a cámara.

  4. s f [ARTE]

    Pincelada lixeira, xeralmente feita con verniz, que permite transparentar a textura do lenzo dunha pintura.

  5. transparencia de mercado [ECON]

    Calidade dun mercado, xeralmente expresada en termos relativos de prezo, en que a información sobre a evolución, a estrutura e o comportamento da oferta e da demanda, é completa e accesible a todos os que concorren nel.