transpiración
(
-
s
f
Acción e efecto de transpirar.
-
[FISIOL]
-
s
f
Paso dos humores do corpo, especialmente da suor, ao exterior, a través da pel.
-
transpiración insensible
Excreción de suor en pequena cantidade que se evapora antes de poder ser percibida.
-
transpiración pulmonar
Exhalación de vapor de auga dos pulmóns pola boca, visible con tempo frío.
-
s
f
-
s
f
[BOT]
Proceso que consiste na eliminación por evaporación dunha gran parte da auga que é absorbida polas plantas. Unha gran parte da transpiración (aproximadamente o 90%) ocorre a través dos estomas e o resto a través das cutículas e das lenticelas. A transpiración prodúcese por tres razóns principais. En primeiro lugar, dado que o dióxido de carbono só pode entrar na célula en disolución, as superficies celulares onde teñen lugar os intercambios gasosos da fotosíntese teñen que ser brandas, o que implica unha grande evaporación. En segundo lugar, a transpiración contribúe á ascensión da auga absorbida e en terceiro lugar porque ten un efecto refrixerante.