transuránico -ca
transuránico -ca
(< trans- + uranio)
adx
[QUÍM]
Aplícase ao núclido cuxo número atómico é superior a 92, que é o que lle corresponde ao uranio. Todos os núclidos transuránicos son radioactivos, con períodos de desintegración pequenos, e non se atopan na natureza, senón que son creados artificialmente por bombardeo de núclidos pesados con neutróns ou núclidos lixeiros. Os transuránidos forman parte do grupo dos actínidos.