tríade

tríade

(

  1. s f

    Grupo de tres entidades, conceptos, nomes ou outros elementos, sempre que teñan entre eles algunha relación que permita pasar dun a outro ou que cada un deles supoña ou inclúa os outros dous.

  2. s f [BIOL]

    Conxunto de tres células que resultan dunha división.

  3. s f [XEN]

    Conxunto de tres xenes.

  4. s f [PAT]

    Conxunto dos tres síntomas principais que caracterizan unha enfermidade.

  5. s f [FILOS]
    1. Grupo das tres hipóstases na filosofía de Plotino: o Un, o noûs e a alma do mundo.

    2. Cada unha das series ternarias que na filosofía de Hegel desenvolven unitaria e harmonicamente a dialéctica do pensamento e do ser.

  6. s f [MIT/RELIX]

    Grupo de tres divindades vinculadas entre elas nas relixións politeístas. A súa significación varía en cada relixión. A tríade babilónica Anu-Enlil-Ea representa unha tripartición do cosmos (ceo-terra-océano); o mesmo sucede coa tríade grega Zeus-Posidón-Hades e na Timūrti hindú. Outras abranguen unha parte do cosmos, como a tríade astral babilónica Sin-Sanš-Ištar (Lúa-Sol-Venus).

Palabras veciñas

triacetina | triácido -da | triacilglicérido | tríade | triaga | 1 trial | 2 trial