triaga
triaga
(< lat theriaca)
-
s
f
[MED/HIST]
Antídoto que se usou contra toda clase de velenos, composto por unha gran cantidade de ingredientes, en especial carne de víbora e especias orientais, e se aplicou principalmente para curar trabadas de animais velenosos. Na idade media foi considerada unha panacea universal con propiedades calmantes, cardiotónicas e cicatrizantes e atribúese a súa invención ao médico principal de Nerón, Andrómaco (s I). Venecia, grazas ao seu monopolio do comercio de especias orientais, foi un dos centros de fabricación máis prestixiosos. A súa importancia decaeu a causa da crecente importancia da farmacia conventual.
-
s
f
[PLANTA]
herba de santa Catarina.