tribuna

tribuna

(

  1. s f
    1. Lugar elevado, en forma de palco ou galería, situado normalmente a unha certa altura das paredes perimetrais dunha sala, para falar ou dirixirse ao público.

    2. Lugar elevado en forma de palco ou galería desde onde o público asiste a un espectáculo ou celebración.

  2. s f [ARQUIT]
    1. Lugar do foro romano desde onde o tribuno se dirixía ao pobo.

    2. Cada un dos lugares situados a ambos os dous lados da escena do teatro romano, destinados ao emperador, ás vestais e ao seu séquito. OBS: Tamén se denomina tribunalia.

    3. Galería aberta construída sobre as naves laterais dunha igrexa coa mesma anchura ca estas.

    4. entá aberta ao interior dunha igrexa desde onde se poden seguir os oficios sen ser visto.

    5. Espazo cuberto e pechado con vidros construído sobre o enlousado dun balcón.

Palabras veciñas

Triboniano | tríbraco | tribulación | tribuna | Tribuna | Tribuna Gallega | tribunado