Tribuna Gallega
Tribuna Gallega
[PUBLIC]
Revista publicada en Madrid a partir do 1 de febreiro de 1914. Cesou o 15 de abril de 1915. Orientada aos emigrantes galegos, foi dirixida por Eugenio Elices Gasset e, a partir de novembro de 1914, por Ramón de Artaza. Incluíu información sobre as actividades das colectividades galegas en América, crónica de actualidade e colaboracións literarias.