Trinidad

Trinidad

Illa do Océano Atlántico, situada nas pequenas Antillas, separada uns 15 km ao NL de Venezuela polo golfo de Paria (4.717 km2; 1.070.582 h [2000]). Xunto coa illa de Tobago forma o estado de Trinidad e Tobago. Está percorrida ao N por unha cordilleira que se estende en dirección L-O, paralela á costa, alta e rochosa, que culmina no Aripe (940 m) e que está cuberta de bosque denso. O clima é ecuatorial, con temperaturas suavizadas pola influencia marítima. Nela está a capital do estado, Port-of-Spain.