triunfo
(< lat triumphu)
-
s
m
Acción e efecto de triunfar.
-
s
m
Resultado favorable que se obtén nunha loita ou nunha competición.
-
s
m
Feito de conseguir o éxito dalgunha cousa despois de superar algunha dificultade ou o paso do tempo.
-
s
m
Recoñecemento por parte dos demais no eido dunha actividade que se realiza.
-
s
m
[HIST]
Honor máximo que, na antiga Roma, era tributado ao xeneral vitorioso sobre os inimigos. A comitiva, formada no Campo de Marte, camiñaba ata o templo de Xúpiter Capitolino. O triunfador, vestido coa toga pita e coroado con loureiro, ía sobre un carro triunfal precedido polos litores e os senadores. Chegados ao templo, o vencedor ofrendáballe ao deus o loureiro da vitoria e, despois, un sacrificio. Desde a época de Augusto reservouse ao emperador e os xenerais só podían obter as insignias ornamenta triumphalia. Unha forma menor de triunfo era a ovación.