Triunfo

Triunfo

Semanario de información xeral publicado en Madrid a partir de 1946. Cesou en agosto de 1982. Dirixida por José Ángel Ezcurra, foi unha das publicacións que representou o pensamento de esquerdas en España durante a etapa ditatorial. Con Eduardo Haro Tecglen como subdirector, a publicación apareceu en València como unha revista dedicada a temas cinematográficos pero co tempo converteuse nunha canteira de xornalistas e críticos. A revista apostou pola defensa dos ideais de Maio do 68 desde un punto de vista plural e conciliador.