triúnviro
triúnviro
(
s
m
[HIST]
Cada unha das tres persoas que na antiga Roma formaban unha comisión ou unha asociación. Houbo, entre outros, triumviri capitales, que asistían aos maxistrados da xustiza, gardaban as prisións e facían cumprir as sentenzas criminais; triumviri mensarii, que rexían as operacións bancarias do estado; e outros que podían ser máis ou menos ocasionais, como os adscritos á repartición de terras entre os habitantes das colonias.