tromba
tromba
(< ital tromba)
-
s
f
Chuvia intensa, repentina e moi violenta. OBS: Tamén se denomina tromba de auga.
-
s
f
[METEOR]
Nube en forma de funil, normalmente de 6 a 10 m de diámetro e de 60 a 120 m de altura, que ás veces se forma na parte inferior dun nimbo moi baixo. De menor tamaño e potencia que o tornado, é impulsado por un forte movemento rotatorio. Adoita durar de dez minutos a media hora e levanta todo aquilo que atopa. Cando se forma no mar ou sobre un lago denomínase manga.
Frases feitas
-
En tromba. Todos xuntos e de maneira moi impetuosa.