1 trote

1 trote

(

  1. s m

    Maneira de camiñar o cabalo e outros cuadrúpedes adiantando e pousando no chan alternativamente o par de patas anterior dereita e posterior esquerda e o par de patas anterior esquerda e posterior dereita.

  2. s m

    Traballo que se realiza de forma intensa e que produce cansazo.

    Ex: Na vendima levamos moito trote.

Frases feitas

  • A/Ao trote 1 Trotando.

  • 2 Rapidamente ou a correr.

  • De/Para trote. Para uso diario.

  • Non estar para (moitos, certos...) trotes. Non estar en boas condicións físicas para facer certas cousas.

Palabras veciñas

trosma | trotador -ra | trotar | 1 trote | 2 trote | trotskismo | trotskista