Tuamotu
Tuamotu
Arquipélago coralino do S do Pacífico, ao L de Tahiti, que forma a circunscrición administrativa de Tuamotu e Gambier, na Polinesia Francesa (915 km2; 15.370 h [1996]). O principal núcleo urbano é Rotoava. Posúe cultivos tropicais e pesca de ostras perlíferas.