Túbal
Antropónimo masculino relacionado co nome bíblico que aparece no líbro da Xénese (4,22), Túbal-Caín. A segunda parte do nome perdeuse por crerse que representaba a Caín, de quen Túbal-Caín descendía. A introdución como nome galego pode responder ao desexo de recuperar vellas tradicións míticas. Segundo a historia mítica galega foi o primeiro poboador da Península Ibérica, procedente dos campos de Sennar -rexión de Asia situada entre o Tigris e o Éufrates-, e chegou a unha zona situada preto da desembocadura do río Texo, que despois se chamou Setúbal. Unha vez asentado dispuxo que os seus fillos se repartisen a Península: Iber ou Ibero tivo que dirixirse cara á parte oriental, onde deu nome ao río Ebro e poboou a súa conca hidrográfica; Idúveda foi cara ao interior da Península, e Brigo dirixiuse cara ao litoral do poñente, polo que se converteu no primeiro poboador de Galicia.