tubo
(< lat tubu)
-
-
s
m
Elemento baleiro de sección xeralmente constante que serve para transportar distintas substancias ou materiais.
-
tubo acústico/sonoro
[FÍS]
Tubo de metal ou de madeira, de sección cadrada, cónico ou ben cilíndrico, disposto de maneira que o aire do interior poida vibrar e, así, poida producir sons. As paredes do tubo son ríxidas, e na base hai unha embocadura por onde se insufla o aire. Teñen diversas aplicacións, sobre todo en diferentes instrumentos musicais, como é o caso do órgano.
-
tubo de combustión
[QUÍM]
Tubo de vidro ou de material cerámico que soporta crisois para seren introducidos nos fornos de combustión.
-
tubo de ensaio
[QUÍM]
Tubo de vidro cerrado por un extremo, de fondo redondo e de dimensións moi diversas que se emprega en laboratorio.
-
tubo de escape
[TECNOL]
Tubo que, nos vehículos movidos por un motor de combustión interna, conduce os gases queimados que saen ao exterior. Estes gases pasan previamente por un silenciador e, se existe, por un catalizador anticontaminación, para ser despois expulsados.
-
tubo de Faucher
[MED]
Tubo de goma flexible que se emprega para a sondaxe do estómago.
-
tubo de Thièle
[QUÍM]
Tubo de ensaio cunha tubuladura que sae preto da base e, en forma de asa, que volve entrar para a parte media. Utilízase, xunto ao termómetro, como baño calefactor para determinar o punto de fusión de substancias colocadas nun capilar dentro do líquido.
-
tubo de Thumberg
[QUÍM]
Tubo de vidro cunha tubuladura preto da boca, cerrado por outro tubo de ensaio curvo, en forma de U invertida, que se emprega para facer reaccionar dous líquidos, colocados no fondo dos dous tubos, en ausencia de aire.
-
tubo drenante
[TECNOL]
Tubo fabricado especialmente para poder recoller a auga das gabias drenantes e levala para a rede de evacuación.
-
tubo flexible
[TECNOL]
Tubo constituído por unha gran cantidade de elementos anulares de flexura, cuxos bordos, convenientemente perfilados, permiten o desprazamento de uns respecto dos outros e mesmo o seu enrolamento helicoidal.
-
tubo lanzatorpedos /
[MAR/BÉL]
Lanzatorpedos de superficie ou subacuático.
-
s
m
-
-
s
m
Peza baleira máis longa ca larga que se emprega para usos diversos.
-
s
m
[ENX/IND]
Lámpada de descarga, de forma máis ou menos tubular.
-
tubo analizador
[COMUN]
Tubo de feixe electrónico que transforma unha imaxe óptica en sinais eléctricos sen ningún elemento mecánico, a diferenza do primitivo analizador de imaxe.
-
tubo de descarga
[FÍS]
Tubo de gas en que se produce unha descarga eléctrica, como é o caso do tubo de Geissler ou do tubo luminescente.
-
tubo de imaxe
[COMUN]
Tubo de raios catódicos, xeralmente de deflexión electromagnética, que se emprega nos receptores de televisión.
-
tubo de neon /
[ENX/IND]
Tubo electrónico que contén neon e que produce unha luz avermellada que se emprega en anuncios publicitarios.
-
tubo de raios catódicos [CRT]
[TECNOL]
Tubo de feixe electrónico que, mediante uns dispositivos deflectores adecuados, pode desviar o feixe a fin de que incida sobre unha pantalla fluorescente e produza nela un punto luminoso variable como consecuencia do impacto dos electróns sobre dita pantalla. Consta dun cátodo incandescente, que forma parte dun canón de electróns (ou ás veces máis de un) e unhas placas ou bobinas deflectoras. Uns dos primeiros foron o tubo de Crookes e o de Braun.
-
tubo de raios X
[FÍS]
Tubo de baleiro en que os electróns emitidos polo cátodo son fortemente acelerados, de maneira que ao incidiren sobre o ánodo provocan a emisión de raios X. Un dos primeiros foi o tubo de Coolidge.
-
tubo electrónico
[FÍS]
Dispositivo electrónico constituído por dous eléctrodos ou máis, en cuxo interior existe baleiro, ou ben un gas determinado, a través do que ten lugar a condución da corrente eléctrica mediante o movemento dos electróns entre os eléctrodos. Denomínanse tubos de baleiro ou de gas, respectivamente. O precursor dos tubos electrónicos foi o díodo de Fleming que foi evolucionando ata os máis modernos. Están constituídos por unha ampola, xeralmente de vidro, que contén os eléctrodos, e unha base ou zócolo provisto dunhas variñas, destinadas a facer de soporte e establecer os contactos correspondentes. Segundo o número de eléctrodos, un tubo é denominado díodo, tríodo ou tetrodo. Para que poida haber condución, cómpre que haxa unha emisión electrónica, xeralmente termoelectrónica, mediante un cátodo incandescente (cátodo quente), pero tamén pode ser fotoelectrónica, como nas células fotoemisoras. Normalmente o cátodo quéntase mediante un filamento (cátodo indirecto), pero algunhas veces o mesmo filamento fai de cátodo (cátodo directo). Os electróns emitidos polo cátodo son acelerados e recollidos polo ánodo, que está conectado exteriormente a un potencial positivo elevado a través dunha resistencia, denominada de carga. Así establécese a corrente electrónica principal entre ambos os dous eléctrodos, cátodo e ánodo, o que pode ser modificado, controlado ou regulado polas reixas. Os tubos de gas conteñen no interior un gas ou un vapor que se ioniza ao producirse o movemento dos electróns (ionización por choque) e dá lugar a unha condución eléctrica moito máis elevada, a causa dos ións existentes. A reixa serve para controlar a iniciación da descarga, que, unha vez establecida, continúa indefinidamente. Entre estes tubos, empregados como conmutadores estáticos de potencia e como rectificadores, destaca o ignitrón, o fanotrón (como o rectificador de vapor de mercurio), o excitrón, o permatrón e o tiratrón. Tanto os tubos de baleiro coma os de gas foron substituídos polos dispositivos de estado sólido con semicondutores (transistores e tiristores).
-
tubo fluorescente /
[ENX/IND]
Lámpada de descarga en que a luz é producida principalmente pola emisión dunha capa de substancia fluorescente disposta no interior e excitada pola radiación ultravioleta da descarga. Está formado por un tubo de vidro en cuxo interior hai unha atmosfera gasosa constituída por diversos gases raros (argon e neon) a baixa presión e unha pequena cantidade de mercurio. Nos extremos do tubo están os eléctrodos, provistos duns filamentos. Son dun rendemento luminoso elevado e dunha gran duración.
-
s
m
-
-
s
m
[ANAT]
Parte, órgano ou estrutura en forma de canón ou peza cilíndrica.
-
tubo auditivo
[ANAT]
trompa de Eustachi.
-
tubo de Ferrein
[ZOOL]
Parte flexuosa do tubo urinífero.
-
tubo de Malpighi
[ZOOL]
Cada un dos elementos do sistema excretor particularmente característico de artrópodos terrestres (insectos, miriápodos e certos arácnidos). Este conxunto de tubos longos recolle os líquidos de refugallo do corpo e vérteos no inicio do intestino posterior; as excrecións finais saen cos excrementos.
-
tubo dixestivo
[ZOOL]
Conduto formado pola boca, o esófago, o estómago e os intestinos, ata o ano. OBS: Tamén se denomina tracto dixestivo ou alimentario.
-
tubo laticífero
[BOT]
Apocito ou sincitio de forma alongada e cheo de látex.
-
tubo nervioso/neural
[BIOL]
Suco que aparece na parte dorsal do embrión en estado de néurula, a partir da placa neural, e que orixina o sistema nervioso.
-
tubo polínico
[BOT]
Evaxinación tubular do contido do gran de pole, que se forma ao xerminar este no estigma. Pode alcanzar unha gran lonxitude, está revestido pola intina e nas anxiospermas contén, na parte terminal, o núcleo vexetativo, que se divide en dous núcleos espermáticos.
-
tubo urinífero
[ZOOL]
Cada un dos tubos que forman os lóbulos do ril que teñen a súa orixe preto dun corpúsculo de Malpighi e acaban nun dos orificios da área cribosa da papila.
-
s
m
[ANAT]