Tucídides
Historiador. Fillo dunha das familias máis ilustres de Atenas, ocupou cargos militares e en 424 a C, durante a Guerra do Peloponeso, foi o encargado dunha misión que fracasou e pola que foi condenado a morte, pero salvouse ao exiliarse nas súas posesións en Tracia, onde escribiu Historia da Guerra do Peloponeso, que deixou inacabada. Sostivo a tese central de que a Guerra do Peloponeso fora o acontecemento bélico máis importante da historia grega, xa que ambos os dous bandos chegaron ao seu grao máximo de poder económico e militar. O que o levou a escribir a súa historia foi o facer intelixible aos seus contemporáneos e á posteridade o verdadeiro sentido do conflito. O seu estilo é duro, difícil e por veces escuro pola gran cantidade de termos poéticos e xónicos e pola súa sintaxe, chea de anacolutos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Atenas