Tucumán
Tucumán
Provincia de Arxentina, situada na rexión Norte (22.524 km2; 1.331.923 h [2001]). A súa capital é San Miguel de Tucumán. Atópase ao L da cordilleira de Aconquija, da que xorden diversas ramificacións en dirección L formadas por materiais metamórficos e cristalinos. A zona central é unha chaira percorrida polo río Sali. Ten clima e vexetación tropicais, o que a converte nunha zona produtora de cana de azucre, arroz, liño, tabaco, froitas e produtos da horta. Antes da chegada dos españois, o territorio estaba poboado por pequenos grupos tribais. No s XVI producíronse as incursións dos pobos de Charcas e de Chile e quedou vinculado a Charcas cun intenso comercio de mulas e coiros. En 1813 foi incorporada ás provincias de Río de la Plata.