Tukulti-Ninurta I

Tukulti-Ninurta I

Rei de Asiria (1243-1207 a C), fillo de Salmanassar I. Someteu (1244-1243 a C) cunha gran brutalidade os qutu, que habitaban os Zagros (SL de Asiria) e o país dos subari e polo norte chegou ata o lago Van ou de Urmia. En 1234 a C venceu a Kaštiliaš IV, rei casita de Babilonia, país que someteu. Unha serie de revoltas nos países sometidos parece ser que provocaron o seu asasinato a mans do seu fillo Asurnasirpal e dun grupo de nobres.